Balada Solitaria 005

BaladaSolitaria005

Constantemente, escoito o ruído das portas. Individuos que soben e baixan, veñen e van das súas vivendas.

Tamén sinto os fillos dos veciños, berrando, ou batendo a pelota contra a parede.

Un día e outro día, até que os veciños mudan de casa e veñen outros, distintos pero iguais.